Logo de Yunohost

Doa a YunoHost!

YunoHost existe desde 2012 e está desenvolto basicamente por persoas voluntarias e fóra do sector comercial.

YunoHost é un proxecto modesto en termos dos recursos que precisa - pero ambicioso, tanto a nivel de activismo como polo deseño técnico e gráfico, así como pola perseverancia que require o empaquetado e mantemento de centos de aplicacións presentes no noso catálogo.

Se, ao igual que nós, queres que o proxecto continúe a existir, evolucione para cumprir cos seus valores, e nos permita coidar da comunidade, aquí podes facer unha doazón!

I want to give to YunoHost:

Why support YunoHost in 2025-2026?

YunoHost é un proxecto sen ánimo de lucro que avoga por unha internet descentralizada, con tecnoloxías soberanas, abertas e interoperables que respectan a privacidade e (re)empoderan ao maior número de persoas e colectivos.
Para isto, aspiramos a xuntar 28.500€ este ano, para usalos nos tres seguintes obxectivos:

1. Coidar do que é útil para ti 5.500€

As doazóns úsanse principalmente para manter o sistema actual, en particular pagar os custos da infraestrutura (servizos de YunoHost e tarefas automatizadas) e permítenlle ao equipo xuntarse polo menos unha vez ao ano.

2. Facer permanente o posto de facilitadora 12.000€

Desde mediados de 2024 o equipo que se ocupa do desenvolvemento cotiá de YunoHost bota man dunha persoa que chamamos facilitadora que se ocupa do aspecto humano e administrativo do colectivo, así como das súas relacións externas. Esta persoa foi de gran axuda, e precisamos máis doazóns para manter este posto esencial.

3. Acelerar o desenvolvemento 11.000€

A publicación de desenvolvementos a gran escala depende fundamentalmente da dispoñibilidade de colaboradoras. Se o orzamento o permite gustaríanos poder pagar por certos traballos profesionais a persoas para que os realicen.

2025-2026 Campaign progress

A campaña de doazón vai polo %, para unhas necesidades estimadas de €/mes
  • Doazóns recurrentes:
  • Doazóns únicas:

YunoHost en 2024

Imaxe de Claude, a mascota de YunoHost. Unha sarigüeia humanoide de pé cun chapeu púrpura e bufanda, lentes redondas, pantalóns beis con petos e un xersei curto de cor azul co logo de YunoHost.

O proxecto

  • 14 anos de existencia
  • unhas quince persoas como colaboradoras principais ao código
  • traballo voluntario que poderiamos valorar polo menos en 250.000€ se houbese que pagalo

A comunidade

  • ~10,000 instancias en 77 países
  • 130 doantes regulares ou ocasionais en 2024
  • +8,700 contas nas varias canles do proxecto (forge, foro, chat)
  • Dispoñible en +15 idiomas

O software e o seu ecosistema

En que se usan as doazóns?

As túas doazóns garanten a nosa independencia: constitúen a totalidade dos nosos ingresos en 2024.

Ingresos

Nos últimos anos as doazóns supuxeron arredor de 15.000€ ao ano, principalmente de persoas individuais.

Entre 2021 e 2023, o proxecto benificiouse de fondos procedentes da fundación NLnet e da empresa CodeLutin para un total de 15.000 que se usaron para desenvolver as versións 4 e 11 do proxecto. O equipo solicita con regularidade este tipo de contribucións.

Ademais, YunoHost recibe un significativo pago en especia na forma de servidores e ancho de banda por parte de outras organizacións sen ánimo de lucro así como de empresas de internet independentes como Globenet, Gitoyen, TetaNeutral e Octopuce.
Estes pagos en especie non están representados no gráfico inferior.

Gastos

Entre 2022 e 2024 o colectivo gastou arredor de 12.500€ ao ano.
En 2025, a creación do posto de «facilitadora» para o colectivo representará un gasto adicional de 12.000€ ao ano. YunoHost pretende poder seguir obtendo o financiamento para o desenvolvemento de características importantes para o proxecto e a súa comunidade. O orzamento proxectado para 2025 é de arredor duns 28.000€.

O gasto estimado divídese nas seguintes categorías:

Folla de ruta e aspiracións

Publicamos a folla de ruta para dar unha idea máis clara sobre o plan que temos. NON constitúe un compromiso porque depende da dispoñibilidade e enerxía das persoas voluntarias. Está suxeita, por tanto, a que cambie en calquera momento.

YunoHost 12 / Debian Bookworm
12.0
⚙️ Initial Bookworm support
🚀 Improved install script and initial setup
The install script has been reworked with a simpler flow and UI. The base setup is also lighter, with Mysql/PHP not installed by default (but still automatically installed for apps that need it of course), and Rspamd and Metronome (XMPP server) not being part of the default setup but are now available as separate applications
🚪 Rework SSO / portal with logos
The SSO has been split into three distinct pieces: 1) SSOwat now only handling the SSO/ACL logic (as a nginx Lua middleware), 2) yunohost-portal-api: A new “portal API” service delivering authentication cookies and allowing users to retrieve/update infos, 3) yunohost-portal: A new login and homepage web portal front-end, including app logos.
⚙️ Pydantic for configpanels
⚙️ Webadmin - Vue3/Typescript
Keeping the webadmin tech stack up-to-date.
12.1
🚪 Portal : more app tile customizability
The app’s logos are also now customizable, along with the label and description used in the portal. Accesses can now be edited directly from the app’s info page, as well as upgrading the app.
📜 SSE / Better log streaming UX in webadmin
A new mechanism (so-called 'SSE') to retrieve the status and stream logs of the current action ongoing on the server, whether it got started from another webadmin, the command line or a cron (automatic task). In particular, this should improve situations where some actions are taking a long time, or you closed your browser tab for some reason, or another admin started an operation, or there’s a long automatic backup ongoing : previously it was pretty confusing and hard to know why the webadmin was kind of locked, but now it should automatically catch up and display what’s going on! 😉
🧱 Switch to nftables for firewall
A full rework of our firewall code which was pretty outdated and confusing. The new code is based on nftables which is the modern way of managing network rules.
⚡ Perf improvement for LDAP requests
Tweaks to improve the performance of LDAP operations, which should be pretty significant for instances handling more than ~100ish users. (Typically user creation could start to become extremely long)
📦 Simplify nodejs / ruby / go / composer packaging
New packaging 'resources' were introduced in helpers 2.1 to handle declaratively the fact that an app depend on nodejs / ruby / go / composer, which should help to further simplify packaging.
👥 Email permissions for users
Decide wether or not users can add email aliases and forwards from their portal.
12.2 (beta)
⬆️ Migration to Trixie
📦 Generalize helpers 2.1 in existing apps
Moving forward with helpers 2.1 introduced in YunoHost 11.2, to help getting rid of legacy.
YunoHost 13 / Debian Trixie
13.0 (beta)
⚙️ Initial Trixie support
⚙️ Migration to Pydantic v2
13.1
🔐 Integrate vulnerabilities alerts in diagnosis
🚪 Support OIDC / Replace SSOwat by Authelia 💰
📦 Packaging v3 💰
Packaging v3 should start becoming a reality somewhere in 2025 with even more declarativeness (in particular for the various configurations), replacing all the scripts/ folder with a single scripts.sh file(?), among other things.
13.?
🧱 Replace Fail2ban with Reaction
🚪 Be able to have the portal on a subdomain
A recurring issue since the rework of the portal in 12.0 is that some setup do not have the 'main parent domain' on the YunoHost server, preventing to use it as the domain for SSO and for the portal interface. It should be possible to address this by having the admin declare that a specific domain (such as portal.domain.tld) should be use as the portal and for authentication.
♿ Improve webadmin accessibility
13.??
🔐 User password reset 💰
Currently, passwords are set by the admin and users have no way to reset their password without asking an admin, which is confusing and encourages bad security practices. Implementing password reset is however less trivial than it seems, because it implies that sending email is working and can be trusted, and that users define an external email for password reset.
👥 User self-registration 💰
In many scenarios, admins would like users to be able to autonomously register on the server, possibly using invite links or validation a posteriori.
🚑 Automatic remote backup, backup policy 💰
???
Someday™
⚙️ Initial Forky support
📦 App bundles
💾 Storage management
🔐 2FA in webadmin
⚙️ Replace moulinette with FastAPI
🦸Limited admins?
⚙️ R&D on Yunohost "clusters" / "extensions" / KubertnHost?
💰 Timescale depend on grant / donations

Preguntas xerais sobre as doazóns

Son as doazóns deducibles nos impostos?

A día de hoxe non proporcionamos un recibo para deducir ao pagar os impostos. Por outra parte, podemos darche un recibo da túa doazón para a túa contabilidade.

A miña doazón non se envía a YunoHost se non á asociación Support Self-Hosting. É isto normal?

Si, é de agardar, pois Support Self-Hosting é a asociación que permite a YunoHost recoller as doazóns e pagar os gastos.

Podo facerme membro da asociación Support Self-Hosting?

Non: esta é unha asociación de acceso limitado (co-option).
Non cremos que sexa preciso pertencer a Support Self-Hosting para colaborar co proxecto YunoHost. Calquera pode vir e axudar na maioría dos nosos proxectos, e intentamos dar a benvida a todas as persoas voluntarias.

Non podo facer doazóns recurrentes, pero quixera axudar a YunoHost. Que podo facer?

Grazas pola túa axuda e compromiso.
Podes facer unha doazón única directamente desde a páxina donate.yunohost.org.

Fixen unha doazón mensual pero equivoqueime coa cantidade e quixera cambiala. Como debo facelo?

Nós non podemos cambiar a cantidade dos pagos futuros.
Pero podes cancelar a doazón anterior e comezar unha nova usando a ligazón «Xestión da túa doazón mensual» na páxina donate.yunohost.org.

Actualmente fago unha doazón recurrente pero caducoume a tarxeta de crédito. Que debo facer?

Normalmente as doazóns recurrentes interrúmpense cando se desactiva a tarxeta.
Para actualizar os datos en Support Self-Hosting, completa o formulario na páxina donate.yunohost.org como se fose a primeira vez que doas.

A miña organización non ten tarxeta de crédito, pero quixeramos doar. Como podo facelo?

Podes contactar con nós para proporcionarche un IBAN e facer unha transferencia bancaria.

Quero deter unha doazón recurrente. Como podo facelo?

Podes cancelar a túa doazón usando a ligazón «Xestión da túa doazón mensual» na páxina donate.yunohost.org.